A XVII Festa do Cocido Porco Celta da Comarca de Sarria xa ten data

SarriaXa
Terá lugar 15 días antes da celebración do Entroido 2025
Festa-do-Porco-Celta-Sarria
25 Nov 2024

Xa se sabe a data na que se celebrará este ano a XVII Festa do Cocido Porco Celta da comarca de Sarria, que este ano será un só día, o 15 de febreiro.

Desta maneira, terá lugar 15 días antes da celebración do Entroido 2025 e os restaurantes da comarca servirano con antelación, polo que os grupos deberán facer a súa reserva previa.

Na edición do ano 2023, os establecementos participantes foron o Hotel Alfonso IX de Sarria, o Hotel Roma de Sarria, o Chanto de Sarria, o Camping Vila de Sarria, e o Hotel a Veiga de Samos. E, ademais, tamén se puideron degustar tapas e racións de porco celta en D'Orixen, Barullo, Don Pepe, La Taza Dorada, El Parisién, 8mm, As the Picas, El Faro, DP Cristal e na Cantina de Renche.

0.14835095405579