A XVIII Festa dos Maiores de Sarria terá lugar o 26 de outubro
O Concello de Sarria organiza a XVIII Festa dos Maiores de Sarria, que se celebrará o vindeiro sábado 26 de outubro no pavillón de deportes do Instituto.
Desta maneira, desde o Goberno local explican que será "un día pensado para gozar e homenaxear á nosa xente maior, e con actividades para todos".
Desta maneira, todo comezará ás 13.00 horas coa actuación de Peleriños, ás 14.00 horas terá lugar o xantar, ás 16.30 horas será a homenaxe ás parellas que celebraron as súas vodas de ouro no 2023 e 2024 e ás 17.30 horas terá lugar o baile con música en directo.
As persoas interesadas en participar deberán pagar un custo de 10 euros e, se traen acompañante, esa persoa deberá aboar 20 euros. Así, o prazo para apuntarse é ata o 15 de outubro no Concello.