A XXVII edición da Feira de Antigüidades e Restauración comeza en Sarria
Esta fin de semana, do 4 e 5 de maio, celébrase en Sarria a XXVII edición da Feira de Antigüidades e Restauración de San Lázaro de Sarria, na que a exposición de obxectos antigos e a artesanía serán as protagonistas.
Así, como todos os anos, haberá exposicións e demotracións de bonsais, así como de cerámica, talla, costura creativa e bolillos en diferentes postos que estarán abertos pola mañá e pola tarde.
Haberá tamén actuacións musicais e actividades infantís pola vila para amenizar a xornada ás persoas interesadas en achegarse a desfrutar desta tradicional feira, que abrirá de 11.00 a 14.30 horas e de 16.00 a 20.00 horas.
Ademais, este ano, igual o anterior, a Feira coincidirá co desenvolvemento do Rally Regularidad organizado polo Club Clásicos e, este ano, como novidade, tamén coincidirá coa carreira Pretorian Race, xuntando así tres grandes eventos que farán que a vila se encha de xente.