A XXXIV edición da Mostra Agrogandeira San Isidro desenvolverase esta fin de semana en Sarria

SarriaXa
O sábado terá lugar a actuación do grupo Meigas e Trasgos e, á mesma hora, a V Feira Cabalar da Asociación Pura Raza Cabalo Galego
subasta-San-Isidro-Sarria-
9 May 2025

Sarria acolle unha nova edición da tradicional Feira de San Isidro esta fin de semana, días 10 e 11 de maio, cun amplo programa de actividades centradas no mundo gandeiro, a cultura, a música e a gastronomía.

O sábado 10 de maio, a xornada comezará ás 10:00 horas coa inauguración e apertura do recinto feiral, onde haberá exposición de maquinaria, mostra de bonsáis da Asociación El Serbal, produtos artesáns e moito máis.

Ás 12:00 celebrarase a poxa de xovencas frisoas. Media hora despois, ás 12:30 horas, terá lugar a actuación do grupo Meigas e Trasgos e, á mesma hora, a V Feira Cabalar da Asociación Pura Raza Cabalo Galego.

Ás 13:00 horas haberá unha escola infantil con actividades como coidado, trenzado e engrasado de cabalos.

Xa pola tarde, dende as 16:00 horas, celebraranse os concursos morfolóxicos de cabalos e egüas de pura raza galega e cruzados, que se desenvolverán ata as 18:30 horas. Ás 17:00 tamén se poderá gozar de pases de doma de alta escola. A entrega de premios será ás 19:00 horas.

A partir das 20:00 horas, comezará a tradicional pancetada-chourizada de San Isidro, que estará amenizada coa actuación musical do grupo Ouro Tropical. Ás 20:15 horas está prevista a chegada da ruta das fachas da concentración de motos Vila de Sarria.

O domingo 11 de maio, a feira continuará coa apertura da feira de gando ás 10:00 horas. Ás 12:00 terá lugar a poxa de xovencas de raza rubia galega (ACRUGA). A música encherá as rúas de Sarria ás 13:15 horas co pasarrúas da Banda da Comarca de Sarria.

Xa pola tarde, ás 16:00 horas, haberá unha actuación de Peleriños, seguida dun festival infantil cuxos detalles están por confirmar. Finalmente, ás 18:00 horas, sortearase unha xovenca de raza rubia galega entre os asistentes no recinto dos concursos gandeiros.

⚙ Configurar cookies
0.063149929046631