A zona de Sálvora será o escenario dunha nova ruta organizada polo Grupo Xacobeo de Sarria
O Grupo Xacobeo de Sarria organiza unha nova ruta para o vindeiro 24 de setembro, no que percorrerán a zona de Sálvora, considerada a illa máis fermosa do parque nacional.
A saída será ás 06.00 horas desde Sarria e ás 06.30 horas desde Lugo e as persoas participantes embarcarán no Grove con destino á Illa de Sálvora, onde coñecerán o Parque Nacional a través dunhas rutas guiadas.
Despois, embarcarán de novo e terá lugar o xantar coa comida a bordo do barco cunha mariscada e cunha festa no propio barco ata o Grove, onde visitarán San Vicente do Mar e poderán pasear pola ruta das Pedras Negras.
Así, as persoas interesadas en participar poderán apuntarse ata o vindeiro 17 de setembro nunha actividade que tamén conta co apoio da Deputación de Lugo.