Aberta a convocatoria nun programa de formación e mentorización para a mocidade

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Aberta a convocatoria para que os mozos de Galicia participen nun programa pioneiro de formación e mentorización
mozos mozas xente nova adolescentes estudantes
11 Aug 2021

Durante tres meses recibirán asesoramento de expertos e desfrutarán de diferentes actividades, como a visitas a empresas, para axudarlles a impulsar a súa rede de contactos e achegarlles máis oportunidades laborais

Aberta a convocatoria para que os mozos de Galicia participen nun programa pioneiro de formación e mentorización, desde o ámbito da educación non formal e co obxectivo de favorecer a súa empregabilidade. O Goberno galego inviste 450.000 euros nesta iniciativa, cofinanciada pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e polo Fondo Social Europeo, que este ano beneficiará a 350 mozas e mozos que acaban de rematar os seus estudos para facer posible unha efectiva transición da vida académica ao mercado laboral.

Todo aquel que queira participar no programa pode inscribirse de xeito telemático nesta ligazón. As mozas e mozos participantes deben estar inscritos no Sistema nacional de Garantía Xuvenil.

Desde o 6 de agosto e ata o 10 de setembro deste ano recibiranse as solicitudes das mozas e mozos que lles gustaría formar parte deste innovador programa. Entre o 17 de agosto e o 17 de setembro realizaranse as entrevistas persoais co equipo técnico do programa. A publicación da listaxe definitiva de persoas participantes publicarase antes do 20 de setembro.

Dobre obxectivo

Con este programa a Xunta procura traballar nun dobre obxectivo, por un lado, facilitarlle á mocidade unha completa programación con apoio directo de expertos, empresarios e profesionais con experiencia, que actuarán como mentores, para optimizar a procura de emprego e adquirir aquelas habilidades que máis se están a demandar. E por outro, amosarlles ás empresas todas as capacidades e o talento que posúe a xuventude galega.

Durante tres meses recibirán formación, asesoramento e desfrutarán de diferentes actividades, como visitas a empresas ou conferencias, para axudarlles a impulsar a súa rede de contactos e achegarlles máis oportunidades laborais.

Nesta iniciativa pioneira contarase tamén coa colaboración das tres universidades galegas para que esta transición sexa acorde non só ás demandas e necesidades laborais, senón tamén se axuste á realidade académica. Así mesmo, o programa estará aberto á participación de máis entidades sociais, empresas, asociacións empresariais ou clústeres, a través da firma dun modelo de adhesión como entidade colaboradora en materia de difusión e promoción do programa, achega de mentores e/ou colaboración nas actividades formativas e de capacitación.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15750122070312