Aberta en Láncara a contratación do servizo de limpeza

SarriaXa
Este contrato de servizo de limpeza  busca manter as instalacións e dependencias do Concello de Láncara en boas condicións hixiénicas.
casa concello láncara
18 Xuño 2022

Este contrato de servizo de limpeza  busca manter as instalacións e dependencias do Concello de Láncara en boas condicións hixiénicas.

O contrato do servizo de limpeza de dependencias e instalacións do Concello de Láncara busca manter estas en óptimas condicións saudables. Xustifícase tal licitación por mor de que o concello non dispón na actualidade "dos suficientes medios persoais e técnicos para realizar o servizo".

En canto a súa duración, esta será de dous anos "coa posibilidade dunha prórroga por unha  anualidade, sen que o total poida superar o prazo de tres anos". Amais precisará de "acordo expreso do órgano de contratación". Por outra beira, o presente contrato adxudicarase a través dun procedemento aberto simplificado, acorde ao artigo 159 da LCSP.

Esta oferta abrangue cada unha destas dependencias: Cemiterio, Pavillón Municipal, Polifuncional do Campo da Feira
Biblioteca, Xulgado de Paz e Casa do Concello, baños de Áreas Recreativas e do barrio dos Labregos, Escolas rurais e Antiga Casa Consistorial de Carracedo.

Así mesmo, para presentar solicitudes de participación, os interesados poderán proceder empregando os pertinentes medios electrónicos ata o vindeiro 27 de xuño ás 23.59 horas.

0.14188408851624