Aberto o prazo das axudas do Plan Leader a través dos GDRs

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O DOG publica a apertura do prazo das axudas do Plan Leader a través dos GDRs. Os interesados poden enviar os seus proxectos
gdrs
6 May 2021

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a convocatoria de subvencións para a execución de proxectos da medida Leader do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, cun orzamento de 13 millóns de euros para as anualidades 2021 e 2022. Trátase das achegas ás que pode optar calquera persoa ou entidade a través dos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) do territorio galego para desenvolver proxectos que dinamicen as súas contornas, ben sexan de carácter produtivo ou non. 

O orzamento está cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), nun 2,5% pola Administración xeral do Estado e nun 22,5 % pola Xunta, o crédito está xa previamente distribuído entre os GDR seleccionados no marco do PDR de Galicia 2014-2020 e pode consultarse no anexo da disposición. 

Ademais, a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, sinalou que se trata dunha nova convocatoria no marco do período de transición establecido pola Unión Europea, que asegura o apoio das axudas ao desenvolvemento rural ata o 31 de decembro de 2022, namentres non comece o novo PDR 2021-2027.

Os interesados teñen de prazo ata o vindeiro 3 de xuño para presentar as solicitudes, que deberán ser dirixidas -tendo en conta a localización do investimento- ao GDR que corresponda. Así mesmo, deberán presentarse co formulario e coa documentación prevista nas bases reguladoras desta convocatoria. 

Proxectos subvencionables

Serán subvencionables proxectos de natureza produtiva que supoñan a realización dunha actividade económica con fins lucrativos e tamén proxectos de natureza non produtiva, consistentes na realización dunha actividade que sexa de interese público ou colectivo. A concesión das axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva a través de cada GDR e as persoas beneficiarias de proxectos produtivos poderán solicitar un anticipo de ata un importe máximo do 50% da subvención concedida. No caso dos proxectos non produtivos esta porcentaxe pode chegar ata o 90%.

Obxectivos do Leader

A asignación total da medida Leader para o período 2014-2020 é de 84 millóns de euros. Os seus principais obxectivos pasan por mellorar as condicións para crear e manter emprego no medio rural e dotar de servizos á poboación destas zonas, favorecendo a mellora do seu nivel de vida e a inclusión social, entre outros aspectos. Trátase tamén de favorecer a ocupación sustentable do territorio, prestando atención especial aos colectivos máis desfavorecidos, como as mulleres, as persoas mozas, as persoas con discapacidade ou as persoas maiores.

Outros fins que se perseguen son os de garantir a sustentabilidade da actividade no rural, mediante o coidado e a utilización adecuada dos recursos naturais, potenciar a gobernanza local e a animación social do territorio e contribuír á concienciación e adaptación ante o cambio climático, fomentando o uso de enerxías renovables e a mellora da eficiencia enerxética.

 

cantidades gdr lugo

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17030096054077