Aberto o prazo de preinscrición para os cursos na piscina climatizada de Sarria
O Concello de Sarria abriu o prazo de preinscrición para os novos cursos na piscina climatizada. Entre as actividades atópanse o curso de iniciación para nenos (non escolar) curso para bebés, iniciación para adultos e aquagym.
A preinscrición deberá realizarse na OMIX do Concello ou chamando ao teléfono 982 535 000 entre os días 7 e 10 de febreiro.
O curso de iniciación para nenos (non escolar) ofrece dúas datas. A primeira sería os martes e xoves de 19.00 horas a 19.30 horas dende o 15 de febreiro ata o 12 de maio. Este mesmo curso ofrecerase tamén os sábados e domingos de 10.30 a 11.00 horas dende o 19 de febreiro ata o 15 de maio.
O curso para bebés será os mércores e os venres de 19.30 a 20.00 horas dando comezo o 16 de febreiro e rematando o 13 de maio.
O curso de iniciación para adultos ofrecerase os sábados e domingos de 11.00 a 11.30 horas dende o 19 de febreiro ata o 15 de maio. Por último, o curso de aquagym será os mércores e os venres de 18.00 a 18.30 horas dando comezo o 16 de febreiro ata o 20 de maio.