Aberto o prazo de presentación de candidaturas para a presidencia do PP de Sarria
Vénse de coñecer a convocatoria do Congreso Local do PP de Sarria levada a cabo pola Xunta Directiva Local, pola que se abre o prazo de presentación de candidaturas para todo aquel que desexe formar parte da presidencia do Partido Popular do concello de Sarria.
A través da súas propias redes sociais, o partido manifesta que hoxe mesmo comeza este prazo para entregar calquera documento e que rematará o vindeiro xoves 8 de setembro.
Segundo eles mesmos afirman, será o día 9 cando se produza a proclamación das candidaturas presentadas e xa o sábado 24 de setembro, terá lugar a celebración do Congreso Local.
Os modelos de presentación das follas a precandidatos á presidencial local do Partido Popular, pódense consultar na páxina web do partido ou directamente no seu perfil de facebook a través do seguinte enlace: https://www.facebook.com/photo/?fbid=373593404961026&set=pcb.373593428294357