Aberto o prazo de solicitude para o Programa de Termalismo Social en O Incio
Aberto o prazo de solicitude para o Programa de Termalismo Social para o ano 2022 dependente do Imserso.
Os requisitos para acceder a dito programa son: ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema da Seguridade Social español, ser pensionista de viuvez con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español, ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español, ser asegurado ou beneficiaro do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade, non padecer alteracións do comportamento e valerse por si mesmo.
As quendas terán unha duración de 10 ou 12 días, que comprenden o aloxamento e manutención en réxime de pensión completa en habitación dobre, o tratamento termal e póliza colectiva de seguro, os desprazamentos aos establecementos termais e o regreso é por conta do beneficiario.
Solicitude
O prazo de solicitude para a quenda febreiro a agosto está aberta ata o 31 de decembro.
O prazo de solicitude para a quenda setembro a decembro está aberta ata o 15 de maio.