Aberto o prazo de solicitudes en Sarria para o uso de instalacións deportivas municipais
A consellería de Deportes de Sarria vén de abrir o prazo de presentación que estará vixente ata o vindeiro mércores 17 de agosto, para o uso de instalacións deportivas municipais da próxima tempada.
As solicitudes poderán descargarse na sede electrónica, solicitalas no rexistro ou ben na Omix do concello. E a súa entrega poderá realizarse de maneira presencial nas oficinas do rexistro ou telemáticamente na web https://sarria.sedelectronica.es/info.0
Os clubs interesados deberán incluír a preferencia de horarios, os participantes e o número de licencias federativas do ano anterior no caso do deporte feminino, deporte base e persoas que practiquen deportes adaptados. Ademais, é necesario indicar o número total de socios, a categoría deportiva, a antigüidade da entidade e unha fotocopia do documento acreditativo de inscrición no rexistro de entidades deportivas.