Aberto o prazo para o Campamento de Verán no Páramo para nenos e nenas de 3 a 13 anos

O Concello do Páramo abre o prazo de inscrición para o Campamento de Verán 2025, dirixido a nenos e nenas de entre 3 (con autonomía para actividades básicas) e 13 anos.
As actividades desenvolveranse do 1 de xullo ao 31 de agosto, de luns a venres (excluíndo festivos), en horario de 10:00 a 14:00 horas.
O campamento terá lugar no Polideportivo do Páramo, o Centro Social e o Campo da Feira, e será xestionado por unha empresa especializada en tempo libre.
O punto de recollida e entrega principal será o Centro Sociocultural. As familias deben prever e comunicar a quincena na que participarán os menores, sendo o custo de 20 euros para empadroados e 40 euros para non empadroados.
As prazas están limitadas a 20 participantes, e darase preferencia a nenos/as do Páramo, fillos/as de traballadores locais e alumnado do CEIP do Páramo. A inscrición pode facerse ata o 25 de xuño no Concello.