Above The Tree actuará esta noite no Buril, asociación que organiza varios concertos ata finais de maio
O Buril acolle esta noite o concerto de blues cósmico e psychedelia occulta, Above The Tree, que actuará no local a partir das 22.00 horas.
As persoas interesadas en ver en directo a Marco Bernacchia disfrazado de figura mitolóxica, metade home e metade galiña, poderán facelo pagando unha entrada de seis euros.
Above the tree naceu en 2002 como o proxecto en solitario co que Marco Bernacchia pasou entón paralelo ao traballo do artista visual e a outras bandas como M.A.Z.C.A., Ogino Knaus, Al: Arm !, Gallina, Falling Birds e Magnetostok, GLI I. O primeiro documento autoproducido co nome de Above The Tree levou o título de Swiss Music, que contou con 50 minutos de guitarra lo-fi, nunha mestura de mostras e colaxes de material atopado, entre drons e ruídos dispostos en composicións.
Outros eventos
Ademais deste concerto, o Buril ten organizados varios concertos para este mes de maio. O primeiro deles, este xoves, coa actuación de Twin Noir ás 22.00 horas e cunha entrada de oito euros. Despois, o sábado 13 de maio, terá lugar o concerto de Soylent Green Project, tamén ás 22.0 horas, pero cun custo de cinco euros.
Xa a semana que vén, o martes, será o turno de Imposiblues e Foolans, que actuarán ás 22.0 horas; mentres que o venres 19 de maio Overdrivers actuará ás 23.00 horas e terá un custo de dez euros. O sábado 20 tamén haberá música, da man de Xente tóxica e Amigos, aínda por confirmar.
Con respecto á cuarta semana de maio, esta acollerá tres concertos, un o venres de Musel ás 23.00 horas, e dous o sábado, con Greg Izor na sesión vermut e con Blue Merrow para finalizar o mes, ás 23.00 horas.