Abraham Cupeiro estrena ‘Ao son de Santa María de Vilabade’ en Castroverde

GaliciaXa | LugoXa | SarriaXa
O multiinstrumentista sarriao contará con colaboracións especiais de Laura LaMontagne, Fillas de Cassandra e Mathew Ward
Karnyx-Abraham-Cupeiro-Foto-de-Pepe-Saavedra
10 Mar 2026

O concerto de presentación de Ao son de Santa María de Vilabade en Castroverde marcará o inicio dunha intensa xira de Abraham Cupeiro entre marzo e abril de 2026. O músico e compositor sarriao ofrecerá actuacións tamén en Pamplona, Ponferrada, Madrid e Portugal, presentando outros espectáculos como Pangea e Loira.

Nos concertos de Castroverde, Cupeiro contará con colaboracións especiais: Laura LaMontagne o 28 de marzo, Fillas de Cassandra o 29, e ambos días acompañaralle o cantante norirlandés Mathew Ward. Esta presentación combina estrenos en formato íntimo con actuacións de gran calado artístico, consolidando a súa carreira como un proxecto único que segue enchendo auditorios e ampliando públicos.

Especialista en instrumentos históricos, Abraham Cupeiro fusiona tradición ancestral, creación contemporánea e experimentación sonora. É un dos maiores expertos mundiais no karnyx, a trompeta celta da Idade de Ferro, e principal impulsor da corna galega. A súa actividade como multiinstrumentista, construtor e investigador materialízase en espectáculos que van do directo íntimo á gran produción orquestral.

A súa traxectoria é diversa, participando en proxectos de folk, jazz, música antiga e experimental, e colaborando con orquestras como a Orquestra Sinfónica de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia, a Mahler Chamber Orchestra ou a Royal Philharmonic Orchestra. Paralelamente, desenvolve bandas sonoras en proxectos ligados a figuras como Steven Spielberg, Hans Zimmer ou Harry Gregson-Williams, e participa en iniciativas que conectan música, ciencia e moda, como Neuston 3 ou performances para desfiles de Adolfo Domínguez.

0.11311078071594