Abre o luns un museo sobre o patrimonio de Triacastela
Este luns abre as súas portas o museo O teu pasado, o meu presente no CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela, o Museo escolar do patrimonio triacastelá.
O acceso é libre para calquera persoa interesada no patrimonio triacastelá.
Poderase visitar dende o luns 10 ata o venres 21, en horario de 09:30 a 13:30 horas. Despois, dende o luns 24 ata o venres 28 concertando cita previa no 982828289.
O museo conta con catro estancias formadas por recreacións artísticas feitas na súa totalidade polo alumnado e acompañadas dunha breve descrició.n
A do patrimonio natural alberga o Monte Oribio coa súa cume, a Pena Sóa; o Río Oribio e a Castiñeira Centenaria de Ramil.
A do patrimonio arquitectónico e arqueolóxico: a Alvariza, a Cova Eirós, o Pombal de Celeiro e unha recreación do Castro de Triacastela.
O patrimonio cultural e lingüístico: a cachena, o Apalpador, un libro de refráns e lendas, un libro con pareados feitos polos nenos e varias obras publicadas polo Concello e a Xunta sobre a riqueza do municipio.
O patrimonio histórico inclúe o Camiño Real do Oribio, a Ferrería e a Capela de San Mamede.
Ademais, hai tres vídeos para proxectar no recuncho audiovisual, relacionados todos eles coa riqueza patrimonial do Concello de Triacastela.