Abre o prazo de inscrición para a base da SD Sarriana

SarriaXa
A SD Sarriana abre o prazo de preinscrición nas redes sociais para anotarse nas categorías de fútbol base do club.
sarriana ribadeo
5 Ago 2021

A SD Sarriana abre o prazo de preinscrición para anotarse nas categorías de fútbol base.

Unha vez rematada a pasada tempada e entrado xa o mes de agosto, os equipos están a planificar o inicio de todas as categorías e os xogadores e xogadoras cos que se contan nun primeiro momento. Por iso, dende a Sarriana queren comezar con este proceso a través da realización dunha preinscipción nas redes sociais do club.

A SD Sarriana é un equipo involucrado na base ao que lle gusta traballar na escola de fútbol base para que, xogadores cos que leva contando durante as categorías inferiores, poidan chegar ao primeiro equipo.

sarriana cartel preinscricion
0.18163800239563