Abre o prazo para inscribirse no club de lectura da biblioteca Camilo Gonsar de Sarria

A Biblioteca Pública Municipal Camilo Gonsar do Concello de Sarria ten aberto o prazo de inscrición do Club de Lectura para persoas adultas que, por terceiro ano consecutivo, coordinará a escritora Yolanda Álvarez Castro, poeta e autora dos libros infantís O misterio do tulipán e Zapato e Bota.
Para participar é necesario dispoñer do carné da Rede de Bibliotecas de Galicia e completar o este formulario en liña.
O prazo de inscrición remata o 27 deste mes e a presentación e entrega da primeira lectura será o mércores 29 de outubro ás 19.00 horas na biblioteca da vila. As sesións celebraranse os últimos mércores de cada mes ás 19:00 horas (agás decembro, que será o día 17). En cada unha delas debaterase sobre o libro asignado, compartindo opinións e contrastando diferentes puntos de vista mentres se goza dun café e dalgún doce.
Para calquera dúbida ou consulta, as persoas interesadas poden chamar por teléfono ao 982 530 723 ou escribir ao mail biblioteca@sarrria.gal.