Abre o prazo para solicitar o voto por correo para os comicios de maio

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | SarriaXa | LugoXa | AMariñaXa
O 28 de maio celébranse as eleccións municipais en todo o territorio. O Consello de Ministros aprobou o pasado 28 de marzo o Real Decreto.
Foto elecciones municipales
6 Apr 2023

O próximo 28 de maio celébranse as eleccións municipais en todo o territorio. O Consello de Ministros aprobou o pasado 28 de marzo o Real Decreto de convocatoria das eleccións municipais. Este Real Decreto publicouse no Boletín Oficial do Estado o martes 4 de abril, data no que entrou en vigor.

Polo tanto, está todo listo para o inicio da campaña electora, que terá unha duración de quince días: comezará ás 00.00 horas do venres 12 de maio e finalizará ás 24.00 horas do venres 26 de maio. As corporacións municipais disolveranse o venres 26 de maio e o sábado 27 de maio celebrarase a xornada de reflexión, antes da votación .

VOTO POR CORREO

Novamente poderase votar por correo para estos comicios. O prazo de solicitude é desde o día 4 de abril ata o 18 de maio.

Para iso, deberase recoller o impreso de solicitude nas oficinas de Correos. No impreso indicarase a dirección postal á que se quere que se envíe a documentación electoral (pode ser o domicilio, o lugar de traballo ou un apartado postal).

A Oficina do Censo Electoral enviará á dirección indicada a documentación. Unha vez recibida, elixirase a papeleta de votación para cada proceso no que e introducirase no sobre de votación correspondente (ou non se mete ningunha se o voto en en branco).

Adxuntarase o certificado de inscrición no censo dentro do sobre no que está escrita a dirección da mesa electoral correspondente.

Este sobre haberá que levalo a unha oficina de Correos ou envialo por correo certificado en todo caso antes do terceiro día previo ao da celebración das eleccións. O envío é gratuíto. Na oficina é necesario presentar o DNI en vigor orixinal.
O día das eleccións, Correos enviará todos os sobres que conteñen os votos por correo ás mesas electorais desde as 9 da mañá e ata as 8 da tarde.

Terminada a votación e antes de realizar o escrutinio, a mesa introducirá sóbrelos de voto recibidos por correo na urna.

Para que estes votos sexan válidos, é indispensable que conste claramente no sobre un cuño ou outra inscrición oficial dunha oficina de correos do estado correspondente, que certifique que se remitiu dentro do prazo previsto.

Correos conservará ata o día da votación a correspondencia dirixida á Mesa e trasladarala ás 9 da mañá e ata as 20 horas do mesmo día.

voto por correo solicitude

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18652701377869