Abren as piscinas exteriores de Sarria cunha xornada de portas abertas
As piscinas exteriores de Sarria abrirán hoxe as súas portas a partir das 12.00 horas, xornada que será de portas abertas para todas as persoas interesadas en desfrutar dun día solleiro na piscina e de forma gratuíta.
Así, dá por comezada a tempada de verán na vila sarriá e as persoas que non coñezan as piscinas, hoxe poderán achegarse para decidir se facerse o carné necesario para seguir acudindo a elas durante todos os días que queira durante os meses de xullo e agosto.
Para poder inscribirse, é necesario ir ata a recepción do Centro Deportivo e de Saúde Sarria co Libro de Familia e o carné antigo ou unha foto de carné e xa estaría feito o proceso para poder pasar o día, ata as 21.00 horas, na piscina, así como acceder aos diferentes cursos programados de natación.