Ábrese o prazo de inscrición para os cursos de natación de Sarria

SarriaXa
O Concello de Sarria oferta cursos de natación para o vindeiro verán. Os meses nos que se van a levar a cabo son en xullo e agosto.
piscina sarria
17 Xuño 2021

O Concello de Sarria oferta cursos de natación para este verán. Os meses nos que se van a levar a cabo son en xullo e agosto e estará dividido en quendas quincenais.

Cada clase terá unha duración de media hora e terán lugar de luns a venres, agás festivos.

O prezo por quincena e por quenda é de 13,34 euros e, a partir do segundo irmán, o custe será de 8,89 euros. No caso de apuntarse por mes, o prezo será de 26,61 euros, tendo tamén un desconto a partir do segundo irmán cun prezo final de 17,94 euros.

O curso realizarase en catro quendas divididas en dous meses. Por un lado, no mes de xullo realizarase unha quenda do 5 ao 16 e outra do 19 ao 30. No caso de agosto, as datas serán do 2 ao 13 e do 16 ao 27.

En canto aos horarios, serán clases de media hora que se distribuirán entre as 12.30 a 15.00 horas e estarán divididas en diferentes niveis. Desta forma, os horarios serán de 12.30 a 13.30 horas -nivel de aprendizaxe, iniciación e perfeccionamento-; de 13.30 a 14.30 horas -clases con nenos e nenas menores de 4 anos, iniciación e perfeccionamento- e de 14.30 a 15.00 - clases para persoas con necesidades especiais, adultos e perfeccionamento-.

As prazas son limitadas, polo que serán adxudicadas por rigorosa orde de presentación de solicitudes no rexistro do concello o na sede electrónica : sarria.sedelectronica.es.

0.16588306427002