Acondicionan a estrada LU-633 en Samos para previr lumes

SarriaXa
A Xunta mantén os traballos de roza e limpeza nas estradas da súa titularidade para previr lumes e favorecer a seguridade viaria
estrada LU 633
1 Mar 2021

Os traballos de roza e limpeza de estradas autonómicas que a Xunta está a levar a cabo nas últimas semanas nas catro provincias, chegan estes días á contorna de Samos. En concreto, ao longo desta semana actuarase na estrada LU-633 que une Pedrafita do Cebreiro e Sarria.

As tarefas que se veñen realizando céntranse na retirada de especies pirófilas, aquelas que son máis propensas á propagación do lume, coa fin de previr incendios forestais.

Tamén se acometen rozas para completar o traballo ordinario de conservación das estradas autonómicas e reducir progresivamente o uso de herbicidas.

De igual xeito, realízase o acondicionamento das posibles zonas verdes e das sendas peonís, para que estean en condicións axeitadas.

As intervencións teñen como obxectivos potenciar o efecto cortalumes das estradas, aumentar a seguridade viaria, favorecendo unha maior visibilidade, e fomentar unha mobilidade máis segura e sustentable mediante as sendas e zonas verdes para o tránsito peonil.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15464997291565