Acondicionan os accesos a Carude e Rendar, no Incio

SarriaXa
Os traballos, que xa arrancaron, contan con investimento de preto de 20.000 euros e enmárcanse no plan único provincial
obras accesos carude o incio
6 Feb 2021

O Concello do Incio vén de iniciar as obras de pavimentación dos viais que dan acceso aos núcleos de Cabude, na parroquia de Foilebar, e a Rendar. O alcalde, Héctor Corujo, achegouse ata o lugar de Cabude para supervisar o arranque dos traballos.

As actuacións contan cun orzamento de preto de 20.000 euros e enmárcanse no Plan Único de axudas aos municipios da Deputación.

Os Concellos están investindo máis da metade dos recursos destinados a este plan provincial en obras para mellorar servizos nos seus respectivos municipios, principalmente no acondicionamento de estradas locais, accesos a núcleos de poboación e pavimentación de vías públicas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15176296234131