Acruga asina un convenio para impulsar o proceso de dixitalización das explotacións

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
O acordo coa compañía de prestación de servizos de comunicacións pon ao dispor dos asociados diferentes alternativas para pemes de cero a tres traballadores
acruga-firma-convenio-digitalizacion
10 Jan 2025

O ano 2025 comeza cun novo acordo entre a Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega e unha compañía de servizos de comunicación, para ofrecer vantaxes, asesoramento e guía ás e os asociados de Acruga que queiran implantar a dixitalización das súas pequenas e medianas empresas, en concreto para negocios de cero a tres empregados, coa obtención do denominado Programa kit Dixital.

Ditas axudas e vantaxes para a informatización dos negocios e a implantación de solucións dixitais poderase realizar ata o 31 de outubro de 2025, a través da empresa Telefónica de España, especializada na prestación destes servizos avanzados de comunicacións.

Desde hai uns días xa está ao dispor de todos os socios e socias de Acruga este acordo ao que se poden acoller e do que atoparán máis información na páxina web da asociación acruga.com, unha vez que o presidente deste colectivo César Dorado asinou o acordo cos representantes de Telefónica España, na sede de Acruga.

Ditas axudas publicáronse en decembro do 2021 no Boletín Oficial do Estado, no que se recollían as bases reguladoras da concesión de axudas para a dixitalización de pequenas e medianas empresas, microempresas e persoas en situación de autoemprego, no marco da Axenda España Dixital 2025, o Plan de Dixitalización de Pemes 2021-2025 e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia de España- Financiado pola Unión Europea – Next Generation EU.

As obrigacións da compañía encargada de implantar o denominado Programa Kit Dixital deberá proporcionar a súa colaboración e asesoramento para a correcta execución e desenvolvemento do acordo, poñendo ao dispor dos asociados de Acruga os medios materiais e humanos, os permisos e autorizacións necesarios e a axuda precisa para a venda, instalación, posvenda, facturación e reclamacións relacionadas co Programa Kit Dixital. Este acordo permanecerá vixente ata o 31 de outubro de 2025 ou ata esgotarse o crédito para as devanditas axudas.

Dependendo da opción que se escolla entre os distintos paquetes #poñer# ao dispor dos asociados, poñerase contar con equipamento informático gratis de última xeración, sempre que se cumpran as condicións do Programa Kit Dixital; antivirus empresarial con protección avanzada; navegación segura e antiphishing; Instalación e configuración do sistema operativo e servizo de xestión integral do posto de traballo.

En canto á organización da empresa, as solucións máis avanzadas expoñen, por exemplo, a xestión de clientes e actividade comercial; seguimento e reporting de vendas; rexistro automático de emails, chamadas, videochamadas ou visitas e xestión documental; solución lixeira e optimizada para traballar en mobilidade ou ata 30 horas de parametrización.

O presidente de Acruga, César Dorado, cre que é unha boa oportunidade para todos os gandeiros e gandeiras que queiran dixitalizar a súa explotación. "Cada vez son máis as ganderías do sector que optan por incluír as novas tecnoloxías na xestión das súas explotacións. Creo que calquera é consciente do importante paso que está a dar o sector primario, que está a demostrar que a tecnoloxía e a innovación non están rifadas coas empresas rurais".

0.17819309234619