Acruga organiza unha poxa con catro xovencas na Feira da Tenreira de Láncara

SarriaXa
A Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega leva á Feira da Tenreira Galega de Láncara a súa primeira poxa con catro xovencas preñadas e participará na exposición cun total de 75 exemplares.
Feira da Tenreira Láncara
1 Maio 2024

A Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega leva á Feira da Tenreira Galega de Láncara a súa primeira poxa con catro xovencas preñadas e participará na exposición cun total de 75 exemplares.

O Concello solicitou a organización dunha poxa de xovencas como parte do programa de actividades da Feira da Tenreira Galega, que cada ano fai unha auténtica exaltación da carne galega. Acruga leva anos participando na exposición desta festa, trasladando ata Láncara aos mellores exemplares de Rubia Galega e esta ano, por primeira vez, realizará unha poxa de animais.

Trátase de catro xovencas, procedentes do centro de recría da granxa Gayoso Castro, dependente da Deputación de Lugo, con idades comprendidas entre os 22 e 27 meses, e preñadas de 6 e 7 meses. Proceden de ganderías de Ourense, dúas de O Corgo e unha de Lugo, e contan cunha xenealoxía de touros tan coñecidos pola súa xenética como Paderne AG ou Quijano AG, ademais de touros de equitación natural. Todas elas terán un prezo de saída de 2.200 euros con axudas á compra de 200 euros por exemplar de Caixa Rural.

En canto ao concurso-exposición, outra das grandes citas desta festa, Acruga participará cun total de 75 animais procedentes de dúas gandarías do Corgo, unha de Samos, dúas de Friol, unha de Villalba e outra do Páramo.

0.16821503639221