Actividades de igualdade para os nenos e nenas do Incio
SarriaXa
Os nenos e nenas da zona do Incio puideron participan nun obradoiro de igualdade con xogos no pavillón. Estivo impartido por Outonía.
22 Nov 2021
Os nenos e nenas do CEIP Ricardo Gasset do Incio participaron durante estes días nun obradoiro de igualdade. Foi unha xornada para traballar os patios dinámicos. Ademais fixéronlles entrega de diversos xogos que se van a instalar no pavillón. O taller estivo impartido por Outonía.
Este tipo de actividades serven tamén para facer parroquia e promover os lazos entre os rapaces e rapazas veciños do Incio.
Patios dinámicos
Os patios dinámicos son unha estratexia educativa inclusiva que traza liñas de actuación en torno ao xogo utilizando o recreo escolar como contexto de desenvolvemento. E que ten a peculiaridade de ser un programa adaptable a cada centro educativo e ás características personais dos escolares.