Actuacións musicais no aniversario do Casino de Sarria

SarriaXa
O Casino de Sarria celebra o seu V & VI aniversario o vindeiro sábado 19 de xuño con varias actuacións musicais.
concerto sarria
14 Xuño 2021

O Casino de Sarria celebra o seu V & VI aniversario o vindeiro sábado 19 de xuño con varias actuacións musicais. Despois de que o ano pasado non se puidera levar a cabo esta cita, este ano chega de forma gratuíta e con bon ambiente.

O evento contará coa presenza de Dr Band Live, un Dj e productor de Madrid; Malditos Roedores, un grupo da propia vila de Sarria que tivo moita repercusión tras sacar a versión Xa non podo co covid; Noel Duran Aka Nowelin; Triángulo y Maraca e, por último, Jor Ginho.

Unha nova cita que amenizará o vindeiro sábado con música. Así pois, para máis información pódese contactar nas redes sociales co Casino de Sarria ou no teléfono 982 886 785.

cartel casino
0.06122088432312