ADEGA organiza unha xornada de voluntariado ambiental en Láncara o día 27

SarriaXa
Esta iniciativa enmárcase no proxecto de ADEGA 'Conservando a paisaxe da Reserva da Biosfera Terras do Miño e o seu patrimonio cultural e natural'
construción-de-muro-xunta-seca-Adega
19 Out 2024

A asociación ecoloxista ADEGA organiza unha xornada de voluntariado ambiental en Láncara o vindeiro domingo, 27 de outubro, con motivo do Día Mundial das Reservas da Biosfera, que se celebra o domingo, 3 de novembro.

Desta maneira, a actividade consistirá nun obradoiro para a conservación dun muro a xunta seca durante a mañá e, ao rematar, farase un xantar para recuperar forzas. Xa pola tarde completarase a xornada cunha pequena andaina pola zona.

Concretamente, ás 9.30 horas será a recepción de participantes e entrega de materiais, ás 9.45 horas terá lugar a charla introductoria na construción a xunta seca para ás 10.00 horas comezar os traballos. Ás 12.00 horas haberá un descanso e ás 12.30 horas retomaranse os traballos. Ás 14.30 horas será o xantar de convivio e ás 17.00 horas terá lugar a ruta, que rematará ás 19.00 horas.

Para participar é preciso inscribirse antes do venres, 25 de outubro, a través dun formulario e as prazas son limitadas a 15 persoas, que poderán participar de forma gratuíta e contan con seguro de accidentes.

Esta iniciativa enmárcase no proxecto de ADEGA 'Conservando a paisaxe da Reserva da Biosfera Terras do Miño e o seu patrimonio cultural e natural', que está financiado pola Área de Medio Ambiente da Deputación de Lugo.

0.15106105804443