Adif dedicará 6 millóns de euros a suprimir 10 pasos a nivel en Sarria e Lugo
Adif licitou as obras de supresión de 10 pasos a nivel na liña convencional Monforte de Lemos-Lugo-A Coruña, ao seu paso polos termos municipais de Lugo e Sarria, cunha inversión estimada de 6 millóns de euros. Esta actuación forma parte do plan de modernización do corredor Ourense-Monforte-Lugo e ten como obxectivo mellorar a seguridade e a permeabilidade transversal da zona.
A eliminación dos pasos a nivel permitirá incrementar a seguridade para a mobilidade de peóns, vehículos e trens, cun deseño que contempla o desmantelamento dos elementos actuais e a instalación de barreiras de contención en ambas as marxes para evitar o acceso á vía.
No termo municipal de Lugo, suprímense 6 pasos a nivel situados entre os puntos quilométricos (PK) 422/742 e 425/167, cunha inversión estimada de 5,1 millóns de euros. Entre eles atópase o paso a nivel de Recimil, situado no PK 424/010, cuxa solución pasa pola execución dun novo paso superior sobre a liña ferroviaria, complementado coa construción dun camiño de acceso e cinco camiños de enlace cos víais existentes. Ademais, construiráse un paso inferior baixo a liña ferroviaria, mellorando os víais de acceso á zona.
No municipio de Sarria, suprímense catro pasos a nivel situados entre os PK 389/262 e 392/136, cunha inversión de algo máis de 900.000 euros. A solución inclúe a construción dun paso inferior baixo a liña ferroviaria nas inmediacións do actual paso a nivel do PK 390/344, que será desmantelado. A estrutura será en caixón de formigón armado in situ, e executarase camiños de enlace entre os pasos a nivel clausurados e outras infraestruturas existentes.
Esta actuación en Sarria súmase á supresión doutros cinco pasos a nivel, actualmente en fase de adxudicación, que incluirán a construción de dous pasos superiores, un paso inferior, unha pasarela peonil e melloras nos víais e camiños existentes.
A supresión dos pasos a nivel enmárcase dentro do plan de modernización do corredor Ourense-Monforte-Lugo, unha obra que Adif está a levar a cabo cunha inversión superior a os 550 millóns de euros. Este proxecto abarca a renovación da vía, o reforzo de infraestruturas como pontes e túneles, a electrificación do tramo Monforte-Lugo e a adaptación a 25 kV da electrificación no tramo Ourense-Monforte, ademais da mellora dos sistemas de sinalización e telecomunicacións, a modernización da estación de Monforte e a construción da nova estación de Lugo.
Estas iniciativas contribúen á consecución de varios Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), como o ODS 3 (Saúde e Benestar), ODS 9 (Industria, Innovación e Infraestrutura) e ODS 11 (Cidades e Comunidades Sostibles).