ADOS fai un chamamento pola falta de sangue dos grupos sanguíneos A, 0 positivo e B positivo

GaliciaXa | LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | OurenseXa
Recoméndase visitar as unidades móbiles ou mesmo visitar os centros de doazón dos hospitais
doazon-de-sangue
28 Jun 2025

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) realiza un chamamento xeneralizado á participación da poboación galega na doazón de sangue, especialmente dos grupos A positivo, A negativo, O positivo y B positivo. As reservas destes grupos presentan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o chamamento á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS.

Lembrar que os hospitais de Galicia necesitan máis de 400 doazóns diarias para desenvolver de maneira eficaz o seu labor asistencial posto que moitas das tarefas que se realizan a diario son imprescindibles os compoñentes sanguíneos.

En determinadas épocas do ano, como no período estival, pode baixar o número de doazóns pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que precisan os centros sanitarios. Neste sentido, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de toda a cidadanía, polo que ADOS solicita un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue.

As distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estarán dispoñibles para visitar nestes días os diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan os adecuados niveis dos grupos sanguíneos sinalados. Ademais tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.

ADOS lembra que doar sangue é un xesto sinxelo, xeneroso e solidario, e convida a toda a cidadanía, maior de idade e en bo estado de saúde, a participar nesta campaña. Doar antes de veranear é garantir que a sangue estará dispoñible cando máis se precisa.

Para máis información pódese consultar a paxina web de ADOS: www.ados.sergas.gal, tamén as redes sociais e un teléfono gratuíto de información, 900 100 828 para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.

⚙ Configurar cookies
0.14685201644897