Adxudicada unha parcela no polígono industrial de Begonte e terreos da Deputación en Paradela

TerraChaXa | SarriaXa
Continúan á venda nesta área industrial outras dúas de cualificación urbana e outras dúas de solo rústico
Pazo-San-Marcos-Lugo
24 May 2025

A Xunta de Goberno da Deputación provincial de Lugo adxudicou tamén unha parcela do polígono industrial de Saavedra, en Begonte.

Trátase dunha parcela de solo urbano industrial que ten unha superficie de 2.257 metros cadrados por un importe de 38.820,51 euros. A superficie de solo industrial posto á venda pola Deputación neste polígono foi de 177.000 m2 en, aproximadamente 12 parcelas. E desas continúan á venda dúas parcelas urbanas, as últimas dispoñibles neste polígono: a parcela número 1, cunha superficie de 43.650 m2 e a número 4, con 10.550 m2 e dúas parcelas de solo rústico de 19.522 m2.

No que ten que ver cos terreos que son propiedade da Deputación de Lugo, a Xunta de Goberno tamén adxudicou un único lote de parcelas no concello de Paradela, no lugar de Adega, na parroquia de San Facundo de Ribas de Miño. Neste caso son diferentes terreos que sobraron dunha ponte construída pola Deputación e que non teñen utilidade para a institución provincial. Quedaron adxudicados ao Lar das Viñas López Otero por un importe de preto de 28.158 euros.

⚙ Configurar cookies
0.16199803352356