Adxudicados 1,2 millóns de euros para melloras na rede viaria e de auga de Sarria

SarriaXa
O Goberno local de Sarria aprobou nunha sesión extraordinaria e urxente a contratación de obras de ampliación da rede de abastecemento de auga e de mellora da rede viaria cun investimento global de preto de 1,2 millóns de euros.
2 Xan 2023

O Goberno local de Sarria aprobou nunha sesión extraordinaria e urxente a contratación de obras de ampliación da rede de abastecemento de auga e de mellora da rede viaria cun investimento global de preto de 1,2 millóns de euros.

As obras do abastecemento de auga que beneficiarán a preto de 1.000 veciños serán de 780.000 € e o Goberno local de Sarria contrata tamén a mellora de catro pistas con aglomerado en quente cun investimento de 401.000 euros.

Por unha banda, a empresa Manuel Novoa Castro será a encargada de acometer a ampliación da rede de abastecemento de auga a catro zonas do municipio por un importe de 780.290 euros, beneficiando a cerca dun milleiro de veciños. Ditas zonas son: Treilán-Betote, Vilaesteba-A Pena, Santa María de Vilar-A Rañoá-Vilapedre e zona do Mazadoiro-Residencia de Anciáns.

Por outra banda, o Concello adxudicou en 401.000 euros a mellora de catro pistas coa dotación de aglomerado en quente. Concretamente, a empresa Ovisa acometerá as obras en tres viais: acceso a Barbadelo desde a estrada LU-P-5709 na Serra; acceso a Cedrón desde a estrada LU-P-5713 por Piñeira; e acceso a Vilerma desde a estrada LU-633. A cuarta obra, o acceso a Peruscallo na parroquia de Belante, foi adxudicada á empresa Bascuas.

Finalmente, tamén se contratou a reposición do firme na ponte do Toleiro debido ao mal estado actual. Esta actuación realizarase nos vindeiros días.

0.18908905982971