Aínda pode visitarse a exposición de traxes e cestería tradicional de Meigas e Trasgos
SarriaXa
As persoas interesadas en desfrutar desta mostra de pezas da tradición galega en canto aos vestidos que se levaban, poderán vela ata o vindeiro 16 de decembro
7 Dec 2024
A Asociación Cultural Meigas e Trasgos de Sarria organiza unha exposición de traxes e cestería tradicional galega no seu lar social coa colaboración do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo.
Así, as persoas interesadas en desfrutar desta mostra de pezas da tradición galega en canto aos vestidos que se levaban, poderán vela ata o vindeiro 16 de decembro.
A mostra está dispoñible os luns, martes e xoves de 19.30 a 21.00 horas e os sábados tamén se poderá ver en horario de 11.00 a 13.30 horas e de 16.30 a 19.30 horas.