Aínda se está a tempo de votar o Mon Devane de Triacastela como mellor mural do ano 2021
Aínda se pode votar polo mural de Triacastela co fin de convertilo no mellor mural do ano 2021.
The Best of 2021 Street Art Cities é unha plataforma global que ten como misión promover e documentar o arte urbano no mundo. Están activos en case 900 cidades con máis de 37.000 obras de arte. Durante o último ano, fóronse compartindo os murais e traballos acadando como resultado unha selección das 100 obras de arte máis populares do 2021. Esta lista global conta con rincóns de todo o planeta, dende Dinamarca ata Sudáfrica.
A través dunha enquisa realizada en internet pódese votar pola mellor obra ata o 6 de febreiro.
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfYEDuRxZUgQHAacmQzRZfXScJUx1X49pKRp4Mwfv2RPmEQ4g/viewform?fbclid=IwAR1hcNrZDP9b3nxSI1tMgYDDMW7wKFd_-Mfpq9w0T5GTcHLi0z_k7SEOZMA
O mural realizado por Mon Devane en Triacastela, forma parte desta selección e ten a oportunidade de ser o gañador. Este, forma parte dunha exposición fixa que o artista realizou en diferentes puntos do Camiño de Santiago e que consta de sete murais enormes, na que, representa a unha das persoas significativa da zona. As obras desta exposición permanente están situados no rural galego.
O artista inmortalizou en Triacastela a Xermán Arias, un lutier de Vilei que se encarga de fabricar e arranxar instrumentos musicais de corda dende o seu taller na vila de Sarria.