Aínda se pode visitar en Sarria a exposición 'Pulpezas' de Mon Devane

A exposición 'Pulpezas' do artista urbano ourensán Mon Devane, coñecido por ser autor de dous dos murais que adornan as rúas de Sarria, aínda pode visitarse na Antiga Prisión Preventiva ata o 21 de abril.
A mostra ten como protagonista un dos elementos máis característicos do imaxinario de Mon Devane: o polbo.
Segundo o propio autor, Pulpezas é unha reflexión visual sobre esta criatura mariña, presentada como “peza de arte ou rareza saída do imaxinario de Mon Devane”.
Un dos elementos máis distintivos da exposición é un tentáculo de polbo cun aspecto cerámico, sobre o que se interveñen tags propios do graffiti, unha mestura entre a cultura urbana e a artesanía.