Alar Galicia abre unha nova oficina en Sarria a partir do 1 de setembro

A organización Alar Galicia, entidade sen ánimo de lucro que traballa en toda a comunidade apoiando a persoas en situación de vulnerabilidade, abrirá unha nova oficina no municipio de Sarria a partir do 1 de setembro.
O obxectivo desta apertura é reforzar o compromiso co desenvolvemento social e comunitario, poñendo ao alcance da veciñanza todos os seus programas de carácter gratuíto.
A sede estará situada na Rúa Pedro Saco nº 14, Baixo (CP 27600, Sarria, Lugo). Para calquera consulta ou proposta de colaboración, a persoa de contacto será Fernando González Truque.