Alba González, xerente da Clínica Alborada: "Para que as mascotas colaboren non deben ternos medo”

SarriaXa
Alba González, xerente da Clínica Veterinaria Alborada de Sarria: "Para que as mascotas colaboren non deben ternos medo”
Clinica Veterinaria Alborada
15 Apr 2023

Falamos con Alba González López, veterinaria e xerente da Clínica Veterinaria Alborada de Sarria, na Rúa Caneiro, 1-3 baixo.

 

Cando e como xurdiu a idea?

Sempre tiven en mente dedicarme a esta profesión e chegado o momento poder ter un negocio propio.

Tiven a sorte de atoparme no momento adecuado coas compañeiras coas que agora formo un bo equipo, e en ese momento foi posible levar o proxecto a cabo.

Que obxectivo ten?

O noso obxectivo sempre foi e será dar o mellor servizo posible en canto ao que a saúde das nosas mascotas se refire.

Que tipo de servizos prestan?

Ofrecemos todo tipo de servizos de consulta para pequenos animais, en este caso, cans e gatos.

Dispoñemos de dúas consultas, diagnóstico por imaxe (radiografía e ecografía), laboratorio de análises clínicas, quirófano para todo tipo de cirurxías de tecidos brandos, hospitalización e perruquería canina e felina.

Ademais, temos tenda especializada tanto con alimentación con toda clase de accesorios.

Cal é o horario de apertura?

Abrimos de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas, e de 16.30 a 19.30 horas, e os sábados de 10.00 a 14.00 horas.

Tamén temos servizo de urxencias para calquera problema que poda xurdir fóra do noso horario e en fins de semana ou días festivos.

Como é o trato coas familias?

Procuramos que o trato sexa sempre o mellor e máis próximo posible, ademais de manter ás familias dos nosos pacientes sempre informadas do que acontece coas súas mascotas.

Como é o trato cos animais?

O trato cos animais debe ser sempre o máis cariñoso e tranquilo posible, pois se queremos que colaboren, é importante que non nos teñan medo e transmitir certo grao de respecto para evitar malas conductas ou incluso conductas agresivas.

Cantas mascotas atenden ao día?

Depende moito da xornada, por norma xeral adoitamos facer as cirurxías polas mañás máis as consultas que estean programadas, e pola tarde por norma xeral só facemos consulta, ademais das urxencias que podan xurdir o longo do día.

Había unha necesidade en Sarria dunha clínica veterinaria?

Cada día é máis común que nas nosas casas teñamos unha mascota, polo que sempre é importante ter un servizo axeitado e ter compañeiros na zona para poder facer un traballo conxunto e o máis colaborativo posible.

Hai clientes habituais? Por que cren que son fieis a vós?

Levamos traballando en Alborada dende novembro e dende o principio tivemos a gran sorte de ter clientes que veñen de forma habitual.

Nós procuramos dar sempre una boa atención e un servizo de calidade, supoño que iso é o que fai que a xente queira repetir e vaia collendo confianza en nos pouco a pouco.

Por sorte, ata o de agora as opinións que nos chegan e que temos na nosa páxina de Google son moi boas e estamos moi contentas con que iso sexa así.

Día a día esforzámonos por mellorar no noso traballo facendo formacións continuamente.

Cales son as últimas novidades do sector?

En medicina veterinaria igual que outros sectores cada vez temos a disposición máis tecnoloxía e equipos novos que nos axudan a chegar dunha forma máis rápida e segura a un diagnóstico o máis acertado posible.

Cambiou o traballo nestes últimos tempos?

A diferenza que notamos no traballo nestes últimos anos sobre todo e que é máis ordenado, pois acostumámonos a pedir cita para todo e iso facilita moito a fluidez e a organización do traballo.

Que proxectos ou obxectivos ten de cara ao futuro?

O noso obxectivo é poder ampliar os nosos servizos e poder facer a maiores dos que xa temos ecocardiografía e traumatoloxía, entre outros.

Clinica Veterinaria Alborada 7
Clinica Veterinaria Alborada 2
Clinica Veterinaria Alborada 3
Clinica Veterinaria Alborada 4

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14048600196838