Albán celebra as súas grandes festas coa VI ruta cabalar e música en directo

SarriaXa
A parroquia de Sarria acollerá o sábado 20 de setembro unha xornada de ruta ecuestre, xantar popular e actuacións musicais
fogos-artificiais-festas
17 Sep 2025

A parroquia de Albán, no concello de Sarria, prepárase para vivir unha nova edición das súas grandes festas, que este ano terán como eixo central a VI Ruta Cabalar. A cita terá lugar o sábado 20 de setembro de 2025 cun programa pensado para todos os públicos.

A xornada arrincará ás 10:30 horas coa saída da ruta cabalar desde o campo da festa, incluíndo unha parada con pinchos para os participantes. O ambiente festivo continuará coa sesión vermú, prevista para as 13:00 horas, amenizada pola cantante Verónica Cambón.

Ás 15:00 horas celebrarase unha comida popular aberta a todos os asistentes, sen necesidade de participar coa montura. Para asistir ao xantar é preciso facer reserva previa no teléfono 687 15 62 64.

A partir das 17:00 horas, a música volverá ser protagonista cun tardeo animado por Verónica Cambón e DJ Cendoi, que prolongarán a celebración durante a tarde.

⚙ Configurar cookies
0.084800958633423