Alcaldes e voceiros municipais dos 67 concellos lucenses respaldan a Besteiro como próximo presidente da Xunta

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Gómez Besteiro alertou no arranque de campaña na Muralla de Lugo de que “con Feijóo e Abascal, a ultradereita pode volver a entrar no goberno
30 Dec 2023

O poder municipal do PSdeG na provincia de Lugo respalda a Besteiro para activar o cambio na Xunta de Galicia. Así quedou de manifesto no encontro que o candidato socialista á Presidencia da Xunta mantivo na cidade xunto ao secretario Xeral do partido na provincia, José Tomé Roca, cos alcaldes e alcaldesas, e cos voceiros e voceiras municipais dos 67 concellos lucenses.

Neste “momento crucial e ilusionante para o futuro da provincia e do conxunto de Galicia”, os rexedores e edís socialistas comprometéronse  a sumar todos os esforzos ao seu alcance para que o seu traballo dende o local sirva como motor do cambio liderado por José Ramón Gómez Besteiro.

O candidato do PSdeG resaltou neste sentido o papel dos concellos como bastións da confianza cidadá nos socialistas. "A gran maioría dos lucenses ten un Goberno municipal socialista e estou convencido de que toda esa forza, unidade e compromiso contribuirá a que tamén  gobernemos en Galicia", subliñou. “Os nosos alcaldes e concelleiros son o mellor exemplo do compromiso, da proximidade e da capacidade de xestión para mellorar a vida da xente e, xunto a eles, queremos impulsar o futuro de Galicia”, asegurou.

"Galicia está perdendo oportunidades”, incidiu Besteiro, “de feito está medrando menos que o resto do país, por culpa das políticas incapaces, a inercia e a confrontación na que está instalado Rueda e o PP. Os socialistas estamos preparados para gañar as eleccións e para darlle a Galicia o impulso que necesita e merece".

O secretario Provincial do PSdeG de Lugo presentou a Besteiro como “o lucense que vai chegar ao Goberno da Xunta para mellorar a vida de todas e todos os galegos. O seu compromiso coa cidadanía é inquebrantable”, dixo José Tomé.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15314793586731