Alertan de posibles interferencias na TDT polo despregamento das redes 4G e 5G en Paradela

SarriaXa
O Concello lembra que Llega700 atenderá as incidencias sen custo ata o 30 de novembro de 2025
Concello-de-Paradela
17 Nov 2025

O Concello de Paradela informou dunha serie de recomendacións derivadas da Orde Ministerial ETD/100/2022, do 10 de febreiro, que recolle as actuacións que deben asumir os operadores de comunicacións móbiles para garantir que a entrada en funcionamento das emisións na banda do dividendo dixital non altere as condicións actuais de recepción televisiva.

Segundo explica o executivo local, a activación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración, tanto 4G como 5G, pode provocar interferencias na recepción da Televisión Dixital Terrestre nalgúns puntos do municipio.

Para evitar problemas e asegurar que o despregamento das estacións base non repercuta no sinal televisivo, todos os veciños teñen á súa disposición o servizo gratuíto da entidade Llega700, á que poden contactar no teléfono 900 833 999. Esta atención permitirá resolver calquera incidencia relacionada coa TDT sen ningún custo para os usuarios ata o 30 de novembro de 2025.

⚙ Configurar cookies
0.093989133834839