Álex Losada destacou o bo nivel dos seus alumnos de taekwondo no Open Vila de Moaña

SarriaXa
A AC Taekwondo de Sarria participou con tres dos seus alumnos e profesionais deste deporte no Open Vila de Moaña 2024, no que Mateo Fernández logrou unha medalla de bronce na categoría Junior masculino.
Ac Taekwondo Sarria en Moaña
27 Feb 2024

A AC Taekwondo de Sarria participou con tres dos seus alumnos e profesionais deste deporte no Open Vila de Moaña 2024, no que Mateo Fernández logrou unha medalla de bronce na categoría Junior masculino. O profesor, Álex Losada afirmou que fixo un "gran traballo de Mateo e unha gran actuación".

Pola súa parte, Alma Cruz de Sousa participou en cadete infantil feminino, unha categoría de moito nivel na que hai puntos en xogo para formar parte da selección galega infantil. "Alma fixo un gran traballo e segue evolucionando día a día", defendeu Losada.

Finalmente, Claudia Fernández competiu por primeira vez esta tempada e, a pesar dos nervios, "fixo unha gran actuación e comeza a coller tapiz para futuros campionato", sostivo o seu adestrador.

0.16806387901306