Álex Losada e Mateo Fernández destacan en Sofía no Open de Bulgaria G2

A AC Taekwondo de Sarria participou no Open de Bulgaria G2, onde Mateo Fernández competiu en categoría junior individual, superando a primeira rolda ante Italia 🇮🇹 e caendo na seguinte fronte ao outro representante italiano. Aínda sen medalla, Mateo pecha a tempada cun gran nivel antes de incorporarse á categoría senior 1.
O profesor Alex tamén competiu tanto en individual como en tríos xunto cos seus compañeiros do Neka, conseguindo a medalla de bronce tras caer nas semifinais ante Malaisia, gañadores da categoría. En individual, alcanzou o Top 8, superando roldas contra Bulgaria 🇧🇬 e España 🇪🇸 antes de perder no pase á medalla fronte a Gran Bretaña.
O equipo regresa satisfeito polo rendemento, pechando a tempada cunha gran actuación. Agora toca un breve descanso antes de preparar o Mundial de setembro en Corea do Sur.