Alumnado do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria analiza a calidade do aire

SarriaXa
Alumnado do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria analiza a calidade do aire nun ambicioso estudo en colaboración co Concello
Estudo aire Sarria 1
20 Dec 2022

A calidade do aire en Sarria é motivo de estudo para os estudantes do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria,  que están a realizar unha análise mediante a colocación de tubos de mostra polas rúas do Concello.

En colaboración colaboración do Concello, alumnos do Proxecto Competencial percorreron distintas zonas de Sarria colocando tubos de mostras en puntos estratéxicos previamente seleccionados.

O estudo, baseado na metodoloxía aprendizaxe-servizo e que tamén forma parte do Club de Ciencia, utiliza unha aplicación móbil de soporte requirindo dun rigoroso protocolo de actuación.

Dentro dun mes, o alumnado recollerá os tubos serán e pasarase á seguinte fase do estudo que ten por finalidade analizar a calidade do aire de Sarria.

0.16221189498901