Alumnos do obradoiro de emprego do Incio acondicionan a Ruta do Ferro

Os alumnos do obradoiro de emprego que promove o Concello do Incio, e que é compartido cos Concellos de Bóveda e A Pobra do Brollón, están a desenvolver estes días tarefas de acondicionamento de camiños rurais.
No caso do Incio, o obradoiro céntrase na conservación e mellora de sendas e camiños. Entre outras ubicacións están a traballar na Ruta do Ferro e na área recreativa de Saa.