'Ambiente', de Manuel López Rodríguez, é a obra gañadora do XXV Premio Fiz Vergara Vilariño

SarriaXa
O xurado destaca a forza simbólica e emocional dun poemario que transforma o cotián en revelación poética
Manuel-L-Rodriguez-Fiz-Vergara
20 Nov 2025

O xurado da XXV edición do Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, acordou outorgar o galardón ao poemario presentado baixo o lema Ambiente, que, unha vez aberta a plica, resultou ser obra de Manuel López Rodríguez. A proposta destaca pola súa capacidade para combinar observación, emoción e simbolismo, ofrecendo unha lectura sensible e crítica do entorno familiar, social e urbano.

Integrado por Pilar Pallarés, Míriam Ferradáns e Inmaculada Núñez, e coa presidenta da A.C. Ergueitas, María Casar Díaz, como secretaria, así como o concelleiro de Cultura de Sarria, César No, como presidente, o xurado salienta a coherencia temática do libro, a calidade expresiva da voz poética e a capacidade de convidar á reflexión sobre o concepto de habitar: o tempo, os espazos e as rutinas que conforman a vida cotiá. A precisión simbólica e a profundidade emocional consolidan Ambiente como unha obra unitaria e humana, capaz de transformar o ordinario en revelación.

O poemario propón un exercicio de suxestión que procura ir máis alá da superficie, construíndo versos que, partindo do habitual, abren unha nova ollada ao envés de espazos e situacións. O xurado tamén destacou a autoconciencia poética da obra, as imaxes suxerentes e unha visión propia que convida a “ver” con renovada intensidade.

⚙ Configurar cookies
0.065187931060791