Ampliada a Exposición de Beléns do Concello de Sarria
O Concello de Sarria anunciou que ampliaron a data de permanencia da ampliación da Exposición de Beléns localizada na Antiga Prisión Preventiva de Sarria. Así, permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 24 de xaneiro.
A mostra, que estaba previsto clausurarse anteriormente, prolonga a súa duración debido á boa acollida por parte da cidadanía e visitantes.
Esta exposición destaca pola súa elaboración, con detalles artesanais que recrean escenas tradicionais do Nadal. É unha parada obrigada para familias, escolares e público de todas as idades que desexen gozar desta representación cultural.
O horario de visitas manterase inalterado, de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas. E para quen non poidan acudir no horario establecido, o Concello ofrece a posibilidade de organizar visitas fóra dese horario, contactando a través do correo electrónico: turismo@sarria.gal.