Amplíase o prazo de presentación de solicitudes nos concursos de Nadal de Sarria

SarriaXa
Ampliado el plazo de presentación de solicitudes en los concursos navideños de Sarria. La nueva fecha es el 28 de diciembre.
bola nadal sarria
23 Dec 2021

O Concello de Sarria amplía os prazos de solicitude dos certames convocados para este Nadal. A nova data para presentar os traballos é o día 28 de decembro.

Concurso de deseño e decoración de postais de Nadal
A participación está aberta para todas as persoas que residan en Sarria, dende os 0 anos ata os 122. O eixo principal das creacións deberá ser o Nadal.

Os traballos presentados deberán ser orixinais e ser confeccionados polas persoas concursantes. A elaboración será libre, podendo usar calquera método ou técnica e calquera tipo de material ou elemento decorativo.

A inscrición realizarase na Biblioteca Pública Municipal de Sarria Camilo Gonsar entregando a postal nun sobre pechado co formulario de inscrición.

O xurado valorará a orixinalidade, a innovación, o deseño, a calidade da obra, a transformación de materiais e a dificultade na elaboración, así como a estética do conxunto.

Concurso de deseño e a decoración de bolas de Nadal
Poden participar todos os nenos e nenas nados entre o ano 2004 e 2018. A decoración das bolas deberá ter motivos de Nadal. Os traballos presentados terán que ser orixinais sendo a elaboración libre, podendo utilizar calquera método ou técnica e material ou elemento decorativo. As bolas deberán ser presentadas cun fío, lazo, corda ou calquera outro mecanismo que permita a súa colocación.

Haberá tres categorías, a primeira para os traballos dos nenos de ata 6 anos de idade. A segunda, para os nenos de entre 7 e 12 anos e a terceira entre 13 e 17 anos.

Concurso de Foto “Desde Sarria con amor”
Nesta segunda edición deste concurso a foto terá que ser tomada en Sarria, no exterior e nela deberá verse dalgunha maneira a iluminación instalada con motivo do Nadal.

Poderán participar todas as persoas físicas que o desexen de forma individual ou colectiva, tanto asociacións veciñais, culturais, etc.

Concurso de decoración de Nadal 2021
Para participar será preciso que as persoas residan de maneira permanente ou temporal no Concello de Sarria, podendo ser a participación de forma individual ou colectiva sempre que o proxecto se realice dentro do término municipal de Sarria. Quedando excluídas as fachadas dos establecementos e comercios.

A decoración terá que gardar relación co Nadal sendo totalmente libre no deseño e utilización de materiais e elementos decorativos. As decoracións manteranse instaladas ata o 7 de xaneiro, a montaxe e retirada do mesmo será levado a cabo por cada participante.

Tan só haberá unha modalidade de participación poderase presentar decoracións de balcóns, fachadas, ventás, terrazas, xardíns ou portas exteriores e decoracións interiores do fogar como mesas, árbores, beléns ou recibidores.

Os premios de todos os concursos serán vales para trocar nos comercios de Sarria.

0.12127685546875