Ana Meilán protagonizará un contacontos en Láncara o vindeiro xoves

SarriaXa
O Concello de Láncara organiza a actividade baixo o marco do programa ‘Ler conta moito’ da Xunta de Galicia
Ana-Meilán
17 Maio 2024

O vindeiro xoves, 23 de maio, o Concello de Láncara acolle unha actividade organizada baixo o marco do programa ‘Ler conta moito’ da Xunta de Galicia.

Esta iniciativa consistirá nun contacontos con Ana Meilán, que achegará o libro ‘Un universo na túa maleta’ a partir das 16.00 horas.

Concretamente, a biblioteca do municipio é o lugar escollido para levar a cabo esta actividade aberta a todos os nenos e nenas, así como familias que queiran achegarse.

0.15979480743408