Andaina en contra da violencia de xénero hoxe en Láncara
O Concello de Láncara adheriuse un ano máis á campaña "En negro contra as violencias" para educar, concienciar e dar visibilidade á loita contra a violencia machista.
Este ano, centraron o traballo na educación, convencidos de que educar en igualdade é o piar básico para loitar contra a violencia machista. É por iso, que durante o mes de novembro están a realizar actividades en colaboración co CPI Ramón Piñeiro, consistentes en tres talleres que teñen como obxectivo educar e concienciar en materia de educación sexual, relacións sas de parella, violencias de xénero e violencias sexuais partindo do protagonismo dos e das adolescentes de Láncara.
Hoxe 25 de novembro, o Concello organiza unha andaina co lema "Láncara en Igualdade. Libres e Vivas" con saída ás 12.00 horas da Praza dos Labregos da Pobra de San Xiao e chegada á Casa do Concello, onde se lerá un manifesto reivindicativo.
Outro dos obxectivos marcados neste ano é facer visible esta lacra social e achegar a campaña "Láncara en Igualdade. Libres e Vivas" ao mundo do deporte que tantos rapaces e rapazas, homes e mulleres move. Para isto contan coa colaboración do equipo de fútbol local "PUEBLA FUTSAL" que lle dará visibilidade no próximo encontro cunha fotografía do equipo cunha pancarta co lema antes de comezar o partido.
Ademais contará con sudadeiras que leven visible a campaña alí por donde vaian.