Cañita Brava estará nas festas de Andreade na honra a Santiago Apóstolo e Santa Ana

A parroquia de Andreade, no concello de Paradela, prepárase para celebrar as súas tradicionais festas na honra a Santiago Apóstolo e Santa Ana.
Este venres, 25 de xullo, a programación comezará coa misa solemne ás 13:30 horas, seguida dunha animada sesión vermú a cargo da orquestra Casablanca.
Pola noite, a festa e a verbena estarán amenizadas pola mesma orquestra Casablanca e mais polo grupo Grease, garantindo unha noite chea de música e diversión para todos os públicos.
O día 26, tamén haberá misa solemne ás 13:30 horas, seguida da sesión vermú co grupo La Noria. Xa pola noite, a verbena continuará da man de Cañita Brava, o grupo La Noria e o grupo D’Kris, poñendo o broche de ouro a dous días de celebración.